Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente múltiple en Rande deixa catro feridos leves e retencións na AP-9

Un accidente múltiple en Rande deixa catro feridos leves e retencións na AP-9

No sinistro víronse implicados catro coches

G24.gal 27/02/2025 18:01

Catro persoas quedaron feridas leves nun accidente múltiple rexistrado na tarde deste xoves na ponte de Rande, xerando á súa vez longas retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra.

Segundo fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 15:30 horas. No sinistro víronse implicados catro coches.

Catro persoas resultaron feridas leves, a pesar de que un dos condutores tivo que ser liberado polos Bombeiros de Vigo debido a que non era capaz de saír do automóbil.

Ata o punto -situado ao final da ponte de Rande dirección Pontevedra, xa no Concello de Moaña- desprazáronse a Garda Civil e os servizos de Urxencias Sanitarias, ademais dos bombeiros de Vigo. Tamén foron alertados posteriormente os bombeiros do Morrazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade