Un tripartito permitiralle á socialista Elba Veleiro repetir como alcaldesa de Vilalba
Un tripartito permitiralle á socialista Elba Veleiro repetir como alcaldesa de Vilalba
O Partido Socialista pechou o pacto de goberno con Vilalba Aberta
O BNG non entrará no goberno, pero comprometeuse a apoiar a investidura
Un acordo tripartito entre o Partido Socialista, Vilalba Aberta e o BNG, permitirá a investidura este sábado -por segundo mandato consecutivo- da socialista Elba Veleiro como alcaldesa da capital chairega.
O Partido Socialista informou de que pechou o pacto de goberno con Vilalba Aberta para gobernar en coalición durante o próximos catro anos.
O BNG declinou entrar no Goberno municipal, aínda que se comprometeu a apoiar a investidura de Elba Veleiro.
Repartimento de competencias
Segundo o acordo asinado este venres, o Partido Socialista levará as áreas de infraestruturas urbanas, medio ambiente urbano e natural, servizos sociais, economía, facenda, servizos municipais, réxime interior, seguridade cidadá, feiras, mercados, promoción do deporte, igualdade e mocidade.
Vilalba Aberta levará as áreas de urbanismo, infraestruturas rurais e plan industrial, cultura, comercio, turismo e promoción da lingua.