Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un aparatoso accidente múltiple deixa dous feridos en Ribeira

Un aparatoso accidente múltiple deixa dous feridos en Ribeira

A colisión foi contra as dúas e media da tarde no lugar da Ameixida, en Castiñeiras

G24.gal 06/11/2021 18:56

Un aparatoso accidente con catro coches implicados mobilizou os servizos de emerxencias en Ribeira este mediodía. Dúas persoas quedaron feridas.

A colisión foi contra as dúas e media da tarde no lugar de Ameixida, en Castiñeiras.  Ao parecer un coche, que circulaba en dirección Aguiño, foise da vía e bateu contra os outros turismos que estaban estacionados. Logo bateu contra outro automóbil que circulaba en dirección Ribeira. 

Este último coche envorcou e as dúas persoas que viaxaban nel quedaron feridas e foron trasladadas ao hospital da Barbanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade