Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un atasco provoca unha vertedura de augas fecais ao mar en Cangas

Un atasco provoca unha vertedura de augas fecais ao mar en Cangas

Abarcaba máis de 30 metros cadrados con restos orgánicos e excrementos e algúns veciños puideron percibir o cheiro que desprendía

Horas despois, o problema foi emendado e os canos deixaron de expulsar estes residuos

Vertedura en Cangas
G24.gal 29/05/2024 15:38 Última actualización 29/05/2024 16:06

Un fallo no bombeo das augas fecais provocou na mañá deste mércores unha vertedura ao mar no porto de Cangas. Esta non pasou desapercibido para os cidadáns, xa que algúns puideron percibir o cheiro que desprendía.

Segundo informaron fontes do 112 Galicia, foi a Garda Civil a que alertou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. Na chamada explicaron que se estaba producindo unha vertedura ao mar no centro da localidade pontevedresa debido a un erro no bombeo das augas fecais.

Por iso, deuse aviso a Salvamento Marítimo, á Policía Local, ao servizo de Protección Civil, aos bombeiros e á Autoridade Portuaria.

En concreto, a vertedura produciuse minutos antes das 11:00 horas na atracada de Pasaxes e abarcaba máis de 30 metros cadrados con restos orgánicos e excrementos. Horas despois, a Policía Local informou o 112 de que o fallo fora emendado e a vertedura xa non se estaba producindo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade