Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños do Monte do Gozo denuncian un vertedoiro ilegal

Veciños do Monte do Gozo denuncian un vertedoiro ilegal

Leva varios anos activo a carón duns colectores, pero nos últimos tempos vai a máis

G24.gal 06/08/2024 13:11

Veciños da contorna da zona do Monte do Gozo, en Santiago, denuncian a acumulación de lixo xunto a uns colectores a carón dunha rotonda que se está a usar como vertedoiro permanente e ilegal. A situación vén de lonxe, pero aseguran que cada día vai a máis.

Hoxe mesmo os servizos de limpeza recollían todo tipo de residuos amoreados na rúa das Estrelas do Monte do Gozo. Pero a cantidade deles acumulada é tan grande que os veciños denuncian que non é dabondo vir unha ou dúas veces por semana ante semellante volume de lixo.

Os veciños piden que vixíen máis estás malas prácticas, tanto neste lugar como fronte ao hotel Os Abetos, a carón da autoestrada AP-9, moi preto da zona onde sucede algo parecido, aínda que a moita menor escala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade