Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un buque cun guindastre de 85 metros fondea na ría de Vigo polo temporal

Un buque cun guindastre de 85 metros fondea na ría de Vigo polo temporal

O buque está especializado en grandes obras de enxeñaría en mar aberto

G24.gal 09/03/2022 20:36

Buscou abrigo do temporal na costa galega un buque que transporta un guindastre de 85 metros de altura e, pola súa envergadura, chama a atención no medio da ría de Vigo.

Trátase da embarcación Seven Borealis, que está especializada en grandes obras de enxeñaría en mar aberto para a industria enerxética.

Zarpou do peirao ghanés de Takoradi o pasado 21 de febreiro cun cento de tripulantes e soprendeuno a borrasca camiño do norte de Europa.

Durante esta escala, tamén está previsto o desembarco de parte do seu persoal para continuar viaxe en avión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade