Cargando resultados...
Un café integrador en Vigo con empregados con diversidade funcional
Un café integrador en Vigo con empregados con diversidade funcional
Abriu en xullo e xa é todo un éxito
G24.gal
18/12/2022 13:54
Última actualización 18/12/2022 15:18
O Diversum Café é un lugar en que podemos tomar un delicioso café ou unhas tostas de aguacate con sementes de papoula ou unha tosta cubana de lacón braseado só por poñer tres exemplos. As súas promotoras teñen fillos con discapacidade e levaban desde antes da pandemia matinando en facer un proxecto así en que traballasen os seus fillos pero con outro fin de máis longo alcance.
En Diversum todos están contentos dun lado e outro da barra. Impresiona a mirada de ilusión e de realización dos empregados, aínda que xa tivesen traballos anteriores como Alejandro e José Carlos.
O negocio está sendo un éxito. Abre todos os días mañá e tarde agás os domingos ao serán.