Un carpinteiro perde toda a maquinaria e ferramentas nun incendio
Un carpinteiro perde toda a maquinaria e ferramentas nun incendio
O incendio foi de madrugada preto do polígono industrial de Castro de Rei
A causa do lume podería ser un curtocircuito
Aínda quedan algunhas lapas vivas entre os cascallos tras o voraz incendio que reduciu a cinza un alpendre en Castro de Rei. O lume destruíu todo o que encontrou o seu paso e coa calor acabaron caendo as paredes e o teito da estrutura.
No seu interior gardábase maquinaria e ferramenta de carpintería. En cuestión de minutos perderon todo. Onte a tarde o fillo do dono estivera traballando no alpendre: "O rapaz estivo onte a tarde" conta Julio Rodríguez que di que dentro se gardaban "bastantes pezas de carpintería e aparellos eléctricos".
De momento descoñécense as causas do incendio pero todo apunta a un curtocircuíto. "Iso seguro", asegura Julio porque "a finca está pechada, hoxe non hai seca".
O lume foi de madrugada. O dono enterouse cando chegaron os bombeiros: "Oín o timbre, saín e xa vin os bombeiros e a policía".
O alpendre está moi preto dunhas naves do polígono industrial, pero o incendio so afectou ao almacén.