Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un carpinteiro xubilado de Vilar de Santos convertido en escultor, poeta e pintor

Un carpinteiro xubilado de Vilar de Santos convertido en escultor, poeta e pintor

G24.gal 03/07/2023 20:46 Última actualización 03/07/2023 21:06

Escultor, pintor, poeta... Así se autodefine un carpinteiro xubilado de Vilar de Santos, Xosé Castelao Santana.

Dende que deixou de traballar puido dedicarse ás súas paixóns, xa publicou un libro de poemas, vai camiño do segundo e conta con ducias de esculturas e cadros.

E nin xubilado lle chegan as horas a José para facer todo o que o apaixona.

Ademais de pintar, debuxa e escribe, ten centos de poemas, uns publicados xa nun libro.
As obras que máis chaman á atención en Vilar de Santos son unhas grandes esculturas que foi facendo en diferentes recunchos.
E el, que se atreve con todo, fíxoo, e detrás desta viñeron outras esculturas máis de gran tamaño, como este buda, feito en quince días.
Di que nunca é tarde para dedicarse a tempo completo ao que o fai feliz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade