Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche comeza a arder na AP-9 e provoca un incendio forestal en Abegondo

Un coche comeza a arder na AP-9 e provoca un incendio forestal en Abegondo

O incendio permanece activo

O suceso ocorreu no km 32 da autoestrada

G24.gal 02/08/2022 17:52 Última actualización 02/08/2022 19:40

Na tarde deste martes un coche comezou a arder no quilómetro 32 da AP-9, á altura de Abegondo. Unha vez situado na beiravía, as lapas espalláronse e provocaron un incendio forestal que permanece activo.

Están traballando na extinción das lapas un axente, tres brigadas, unha motobomba e un helicóptero. Ademais, solicítase a intervención de máis medios aéreos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade