Un cuarto do escape para coñecer os nomes de mulleres destacadas na historia de Galicia
Un cuarto do escape para coñecer os nomes de mulleres destacadas na historia de Galicia
Na actividade organizada pola Concellería de Igualdade de Xinzo de Limia participaron máis dun centro de nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro
É o xeito de conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Máis dun cento de escolares do colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia participaron hoxe nun cuarto do escape ('Scape Room'). Un xogo didáctico en equipo onde tiñan que ir resolvendo diferentes probas para dar co nome dunha muller destacada na historia de Galicia.
Comeza o xogo e teñen 50 minutos para resolver en grupos o enigma, e para iso van obtendo pistas e superando diferentes probas.
E a tarefa final é buscar información na casa sobre Rosalía de Castro, Concepción Arenal ou María Pita.
Con este cuarto do escape, unha actividade organizada pola Concellería de Igualdade de Xinzo de Limia, conmemoran tamén o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e aprenden os valores da igualdade e o respecto.