Cargando resultados...
Un derbi de moitos goles remata nun empate (3-3)
Un derbi de moitos goles remata nun empate (3-3)
O Castro chegou a ter unha vantaxe de 1-3, pero o esforzo final do Marín permitiu empatar o encontro
O empate deixa os dous equipos moi preto na clasificación da liga
G24.gal
05/11/2023 10:51
O derbi da Primeira División feminina de fútbol sala entre o Marín Futsal e o Castro rematou nun trepidante empate de moitos goles. As luguesas chegaron a gañar 1-3, cos goles de Patri Corral e da porteira Lucía Paz en xogada persoal no primeiro tempo.
No segundo, Teté culminou unha contra para poñer o 1-3, pero as pontevedresas remontaron nun par de minutos. Bravo de penalti e Débora marcaron os goles da igualada con que rematou o partido. Con este resultado o Marín Futsal queda outra semana máis en postos de descenso, e o Castro queda fóra da zona de perigo.