Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido un home de 52 anos ao ser acoitelado nun garaxe de Marín

Ferido un home de 52 anos ao ser acoitelado nun garaxe de Marín

Foi trasladado ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra, e a súa vida non corre perigo

O presunto agresor, de 44 anos e con antecedentes psiquiátricos, foi detido na casa dun familiar tras ser localizado pola Policía Local

Garaxe no que se produciu o acoitelamento. Cedida.
G24.gal 07/11/2024 20:02 Última actualización 07/11/2024 20:46

Un home de 52 anos quedou ferido ao ser acoitelado na tarde deste xoves por un veciño no garaxe dunha vivenda en Marín.

Segundo informaron fontes próximas á investigación, o suceso ocorreu no garaxe dun edificio. Durante unha discusión entre dous veciños, un deles supostamente asestoulle varias coiteladas ao outro. Logo colleu o coche e marchou do lugar.

Máis tarde, o presunto agresor, un home de 44 anos, con identidade G. B. G. e con antecedentes psiquiátricos, foi localizado pola Policía Local na casa dun familiar, onde foi detido.

As mesmas fontes sinalaron que o ferido foi trasladado ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra, e a súa vida non corre perigo. A Policía Nacional instrúe as dilixencias.

Está previsto que o presunto agresor pase mañá a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade