Prisión provisional para o acusado de ferir a coiteladas un veciño en Marín
Prisión provisional para o acusado de ferir a coiteladas un veciño en Marín
O presunto agresor, investigado por un delito de intento de homicidio, pasou á disposición xudicial este sábado
O Xulgado de Instrución número 1 de Marín decretou a prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido o pasado xoves polo acoitelamento dun dos seus veciños no concello de Marín.
O presunto agresor, ao que se investiga por un delito de intento de homicidio, pasou este sábado a disposición xudicial.
O suceso tivo lugar no garaxe dun edificio situado na rúa Jaime Janer, en pleno centro de Marín sobre as tres e cuarto da tarde do xoves. Segundo os primeiros indicios, produciuse no transcurso dunha lea entre os dous veciños, por causas aínda sen determinar.
Fuxiu
Tras a agresión, o suposto agresor fuxiu, pero foi localizado e detido pola Policía Nacional pouco tempo despois.
Fontes da investigación confirmaron que a vítima, que presentaba varias feridas por arma branca en distintas partes do corpo, está fóra de perigo, ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra.
Agora, tentan esclarecer as circunstancias que rodearon este episodio, entre elas o posible historial de problemas psiquiátricos do agresor.