Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un detido e catro coches policiais danados na persecución a un condutor que fuxiu en Vigo

Un detido e catro coches policiais danados na persecución a un condutor que fuxiu en Vigo

O home, que circulaba sen permiso vixente, emprendeu a fuxida cando a Policía Local viguesa lle deu o alto

Na persecución, que se prolongou durante unha hora e chegou ata O Porriño, rompeu as barreiras da peaxe das Gándaras

Cedida Policía Local do Porriño
G24.gal 31/12/2024 09:45 Última actualización 31/12/2024 14:05

Un home de 31 anos foi detido en Vigo tras fuxir cando a Policía Local tratou de darlle o alto esta noite. O seu arresto produciuse tras unha persecución por varias rúas da cidade, que chegou tamén ata O Porriño.

Así o informaron a Europa Press fontes da Policía Local que explicaron que foi sobre as doce da noite, ás 00:06 horas, cando se produciron os feitos despois de que na Travesía de Vigo se comprobase que circulaba un coche coa ITV caducada, con perda de vixencia do permiso do conducir.

Nese momento deron o alto, pero o condutor emprendeu a fuxida por varias rúas do Calvario para tomar logo dirección ao Porriño, batendo xa con varios vehículos patrulla e facendo caso omiso aos axentes. A carreira prolongouse durante unha hora ao longo duns cincuenta quilómetros.

Na AP-9, na peaxe das Gándaras, rompeu as barreiras, ademais de tirar obxectos aos coches policiais, como unha chave inglesa e unha bolsa con décimos de lotería, para optar logo por volver a Vigo pola VG-20. Posteriormente, tomou dirección a Bouzas para facer un cambio de sentido e volver cara á zona da avenida de Citroën onde impactou contra un coche da Policía Local do Porriño e un muro da fábrica de Stellantis.

Cedida Policía Local do Porriño Cedida Policía Local do Porriño

No rexistro do seu coche, localizouse unha substancia que pesaba 4,8 gramos e que parecía, apuntaron desde a Policía Local, cocaína. O condutor deu positivo nesta droga, en cánnabis e en metanfetamina.

No operativo, participaron catro dotacións da Policía de Vigo, dúas da Nacional e outros dous da Policía Local do Porriño, cun total de catro coches danados, tres da cidade olívica e outro do Porriño, ademais dos danos na peaxe das Gándaras. 

O detido é un home de 31 anos e, segundo fontes policiais, veciño de Moaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade