Un documental protagonizado por Pepe Viyuela abre o Festival Internacional de Curtas de Verín
Un documental protagonizado por Pepe Viyuela abre o Festival Internacional de Curtas de Verín
'Un viaje hacia nosotros' está guionizado e protagonizado polo propio Viyuela e está dirixido por Luis Cintora
O sábado día 9, ás 20 horas é o espectáculo de humor de Viyuela co seu pallaso en 'Encerrona'
O FIC Vía XIV desenvolverase na vila do támega desde o 8 ata o 17 de setembro
Proxectaranse 32 curtametraxes nas catro seccións oficiais, unha delas como novidade é infantil
Botou a andar unha nova edición do Festival Internacional de Curtas de Verín. Un evento que fai posible que artistas de diversas partes do mundo expoñan as súas obras na vila do Tamega contribuíndo así á dinamización cultural da comarca.
Dunha investigación persoal en que Pepe Viyuela descobre que o seu avó fora refuxiado na Francia naceu este documental, 'Un viaje hacia nosotros', co que abriu a oitava edición do Festival Intenacional de Curtas de Verín. E proponnos unha reflexión.
"Se o meu avó foi refuxiado, e todos os refuxiados que hai no mundo agora non cambiaron a súa situación, senón que están se cabe peor do que el estivo, por que eu non me podo conveter nun refuxiado, e todos os que estamos agora mesmo tan campantes e mirando cara outro lado mentes o problema ocorre, non podemos chegar a convertenos en refuxiados", di Pepe Viyuela.
E tamén no auditorio de Verín Pepe Viyuela convertesase no seu mítico pallaso, de humor absburdo e existencialismo co que leva convivindo toda unha vida.
O festival de curtas de Verín vai medrando con máis contidos e actividades e tamén cunha sección de cinema infantil.
Actividades paralelas como citas gastronómicas, co viño de Monterrei, obradoiros profesionais, concertos ou unha cata de cervexas. Ata o vindeio día 17 en Verín.