Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un estudo apunta a que os peiteadores cortan moito o pelo por envexa

Un estudo apunta a que os peiteadores cortan moito o pelo por envexa

Segundo un estudo publicado nunha revista alemá, subconscientemente poden ver o cliente como un competidor sexual

G24.gal 02/10/2024 14:38

Un estudo publicado nunha revista alemá asegura que os peiteadores saltan as indicacións do cliente por envexa, porque subconscientemente o ven como un competidor ou competidora sexual.

Un corte de pelo pódenos proporcionar un cambio radical de imaxe. Se é que é o que queremos. Pero tamén pode ser unha traxedia se non se adapta ao que pedimos. Seguro que algún de vostedes acudiu nalgunha ocasión a cortar o pelo ao salón de peiteado e o resultado non foi exactamente como agardaban. 

Saiban que non son os únicos. A quen non lle pasou algunha vez que pediu que lle cortasen só as puntas e saíu con varios centímetros menos de melena? Facendo unha pequena enquisa na rúa e quen máis quen menos sempre saíu con menos centímetros dos que pensaba: "Eu xa intento cortalo na casa".

Pois segundo un estudo que publica unha revista alemá detrás das tesoiras lixeiras está a envexa. Determinaron que canto máis celosos ou competitivos se declaraban os peiteadores entrevistados, máis centímetros querían cortar aos clientes, incluso se estes manifestaban que só querían un pequeno arranxo. Os investigadores sospeitan que esta actitude agocha unha sabotaxe subconsciente aos competidores sexuais. O argumento sorprende. 

Mari Carmen Barrios, de Técnicos Peluqueros, di que en todo caso iso tería que determinalo un psicólogo, pero que, en principio, o resultado do estudo parécelle unha parvada. Similar comentario fai Janet López, de Vasari Estilistas: "Non creo que nós como profesionais teñamos nada máis na cabeza á hora de atender un cliente que deixalo o máis satisfeito posible".

Porque un cliente contento é un cliente que regresa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade