Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha falecida e 27 afectados nun incendio nunha residencia de anciáns en Asturias

Unha falecida e 27 afectados nun incendio nunha residencia de anciáns en Asturias

A persoa ferida de maior consideración é unha traballadora de 46 anos que foi trasladada con prognóstico grave ao Hospital Universitario Central de Asturias

Imaxe da Radiotelevión do Principado de Asturias Imaxe da Radiotelevión do Principado de Asturias
G24.gal 13/09/2023 08:50

Unha persoa morreu e outras 27 resultaron afectadas, tres delas graves e vinte e catro leves, por inhalación de fume nun incendio rexistrado esta madrugada nunha residencia de anciáns situada na localidade de Valdesoto, no concello asturiano de Siero.

O Centro de Coordinación de Emerxencias do 112 Asturias recibiu o aviso pasada a media noite, e os bombeiros desprazados ao lugar deron o incendio por controlado pasada unha e media da madrugada, informou este mércores o Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias.

Imaxe da Radiotelevión do Principado de Asturias Imaxe da Radiotelevión do Principado de Asturias

A persoa falecida é unha residente que foi localizada nun cuarto da primeira planta do edificio de tres alturas.

A persoa ferida de maior consideración é unha traballadora de 46 anos que foi trasladada con prognóstico grave ao Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA), en Oviedo.

Con prognóstico menos grave trasladouse tamén outras dúas persoas, unha ao HUCA e outra ao hospital de Cabueñes, en Xixón, mentres que os outros 24 afectados foron evacuados con prognóstico leve a diferentes centros hospitalarios.

A residencia consta de dúas edificacións, unha construción de dúas alturas onde se confinou aos seus 74 residentes durante os labores de extinción e a vivenda de tres plantas onde se orixinou o incendio.

Imaxe da Radiotelevión do Principado de Asturias Imaxe da Radiotelevión do Principado de Asturias
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade