Cargando resultados...
Un fallo eléctrico puido ser a causa do incendio que calcinou un alpendre en Tomiño
Un fallo eléctrico puido ser a causa do incendio que calcinou un alpendre en Tomiño
Os afectados pensan que a orixe do lume puido estar nun cadro eléctrico
G24.gal
06/06/2023 13:09
O alpendre dunha vivenda de Tomiño quedou totalmente calcinado. Comezou a arder a primeira hora do día provocando fortes explosións que asustaron os veciños da zona. Foron eles os que alertaron do incendio.
O alboio está próximo a unha vivenda. No momento dos feitos había tres persoas no interior, pero o lume non se estendeu e non resultaron danadas. Porén o alpendre quedou inservible e todo o que había no interior, un coche, unha moto e diferentes aperos totalmente calcinados.
Os afectados pensan que a orixe do lume puido estar nun cadro eléctrico. Afortunadamente todo quedou nun susto, toca agora avaliar os danos materiais que provocou o lume.