Cargando resultados...
Un gol de Charles en fóra de xogo decide o derbi co Arousa
O Pontevedra gañou por 1-0 e continúa como segundo clasificado na 2ª Rfef
G24.gal
28/11/2021 19:27
O Pontevedra foi superior ao Arousa e gañou o derbi por 1-0. O único gol do partido marcouno Charles, que estaba en clara posición de fóra de xogo. Charles xa leva dez goles no campionato e demostra ser un dos xogadores máis determinantes da categoría.
No primeiro tempo Seoane tivo a mellor ocasión, nun remate que sacou co pé Manu Taboas. O gol de Charles na primeira xogada do segundo tempo marcou o que aconteceu despois. O Pontevedra tivo moitas ocasións para sentenciar pero non soubo rematar o encontro.