Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un golazo de Èlia desatasca o derbi pontevedrés a prol do Poio (4-0)

Un golazo de Èlia desatasca o derbi pontevedrés a prol do Poio (4-0)

Ale de Paz e Irene García (2) completaron un triunfo que mantén ás de Poio na pelexa polo play off

G24.gal 08/02/2025 18:28

O derbi da Seca quedou en Poio. O cadro local impúxose ao Marín Futsal nun derbi moi disputado, que rematou a súa rápida primeira metade con empate sen goles. Si houbo ocasións, destacando unha do Poio Pescamar a 6,39 do descanso, e un dobre penalti a prol das visitantes, que Elena lle detivo a Carolina.

Non seguiu a mesma tónica a continuación. Cando aínda non ía disputado o primeiro minuto e medio, Èlia rachaba o empate cun golazo, despois dunha gran xogada colectiva. A asistencia foi de Martita, e o zapatazo axustado ao traveseiro, de Èlia. A vantaxe local obrigaba ao Marín a expoñer máis, mentres as locais intentaban ampliar a renda. Tiveron unha boa ocasión a balón parado, nunha man que Chuli espetou na barreira. A acción acabou en saque de banda, e de aí saiu o 2-0. Ale de Paz culminaba outra boa acción colectiva, ampliando a renda de cara aos últimos 10 minutos.

O Marín puido achegarse no marcador, pero a súa mellor ocasión estrelábase no traveseiro. E a catro minutos para a conclusión, Irene García marcaba a porta baleira o 3-0. Co Marín á desesperada, chegaba o 4-0 do mesmo xeito, noutra recuperación de Irene García. A vitoria mantén ao Poio na pelexa por meterse entre as 4 primeiras da Liga regular, mentres o Marín segue ameazado polos postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade