Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un grupo de inspectores da OIEA diríxese á central nuclear ucraína de Zaporijia

Un grupo de inspectores da OIEA diríxese á central nuclear ucraína de Zaporijia

Os inspectores tratarán de comprobar o estado das instalacións

Vista da central nuclear de Zaporiya (Ucraína), a máis grande de Europa Vista da central nuclear de Zaporiya (Ucraína), a máis grande de Europa
G24.gal 29/08/2022 13:56

Un grupo de 14 inspectores do Organismo Internacional da Enerxía Atómica está viaxando a Ucraína para visitar a central nuclear de Zaporijia.

Así o confirmou o director xeral do organismo, Rafael Grossi, a través das redes sociais.

Grossi especificou que os inspectores traballarán na central nuclear ucraína durante esta semana para comprobar o estado das instalacións.

A empresa ucraína que xestiona a central e o Ministerio de Defensa ruso que controla o complexo confirmaron que os niveis de radiación son normais.

Non se desvela o lugar ao que chegaron os inspectores por seguridade Non se desvela o lugar ao que chegaron os inspectores por seguridade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade