Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home arrisca a súa vida para tentar salvar o seu coche dun incendio en Vigo

Un home arrisca a súa vida para tentar salvar o seu coche dun incendio en Vigo

O seu coche que estaba estacionado ao lado dun vehículo abandonado que se incendiara minutos antes

A policía ameazou con denuncialo, pero finalmente todo quedou nunha advertencia

Imaxes cedidas polo Faro de Vigo
G24.gal 17/02/2023 14:56

Desoíndo as advertencias dos axentes de policía, un condutor puxo en serio perigo a súa vida por salvar o seu coche que estaba estacionado ao lado dun vehículo abandonado que se incendiara minutos antes. Ocorreu en Vigo, nunha explanada situada no barrio de San Roque.

A policía ameazou con denuncialo, pero finalmente todo quedou nunha advertencia. Porén foi unha imprudencia que puxo en risco a súa vida e a dos axentes.

Ao parecer non é a primeira vez que se produce un incendio similar na zona. O vehículo que ardeu levaba moito tempo abandonado. Non houbo que lamentar danos persoais e investíganse as causas do incendio, que deixou varios coches danados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade