Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home arrebola unha bombona e outros obxectos desde un terceiro piso en Ferrol

Un home arrebola unha bombona e outros obxectos desde un terceiro piso en Ferrol

Entre os obxectos guindados había unha mesa, cadeiras, libros, cristais, tubos metálicos e xoias

Tamén tirou unha bolsa de 200 gramos de marihuana a un patio interior por unha xanela

Obxectos arrebolados na rúa (imaxe cedida por Televisión Ferrol)
G24.gal 07/05/2024 19:06 Última actualización 07/05/2024 20:54

A actitude dun home de 60 anos que ceibou varios obxectos á vía pública desde un terceiro piso, en Ferrol, xerou angustia nalgúns dos veciños, que sobre as 9:45 horas deste martes, observaban como arrebolaba todo tipo de obxectos, entre eles unha bombona. O incidente aconteceu nun edificio da rúa Carmen, no barrio da Magdalena

Tras recibiren aviso, desprazáronse varios axentes da Policía Local de Ferrol e da Policía Nacional, que se ocupou deste caso en que ningunha persoa quedou lesionada. Ademais, unha laranxeira situada na rúa amorteceu varios dos obxectos.

Así, aos poucos minutos estaban na vía pública unha mesa, cadeiras, algúns libros e mesmo cristais, ademais de tubos metálicos dun diámetro de aproximadamente dez centímetros e obxectos de menor tamaño, como xoias, aneis e reloxos.

Tamén, por outra xanela, neste caso a un patio interior, o home guindou unha bolsa de plástico que contiña uns 200 gramos de marihuana e presuntamente el mesmo cultivara nesta mesma vivenda. Esta presenta un importante estado de deterioración.

Mentres isto ocorría na rúa, os axentes subiron ao piso e pediron ao home que depuxese a súa actitude, algo que lograron. Á zona desprazouse tamén unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se encargou de levar o home a un centro hospitalario para a súa avaliación por parte de persoal sanitario, acompañados por axentes policiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade