Cargando resultados...
Un home falece ao bater contra dous coches estacionados en Vilalba
Un home falece ao bater contra dous coches estacionados en Vilalba
Segundo informa o 112, barállase a hipótese de que sufrise unha indisposición previa ao accidente
G24.gal
15/06/2024 12:20
Última actualización 15/06/2024 13:20
Un home faleceu este sábado na rúa do Campo de Ponte, no concello de Vilalba. O coche que conducía saíu da vía e bateu contra outros dous que se atopaban estacionados.
Segundo informa o 112, a vítima puido sufrir unha indisposición previa ao accidente. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros da localidade, a Policía Local e persoal sanitario do 061.
🔴 #AXEGAInforma dun home falecido en
— 112 Galicia (@112Galicia) June 15, 2024
📍 Rúa do Campo de Puente, en #Vilalba
▶️ Saíuse da vía co seu vehículo e bateu contra outros dous estacionados. Barállase unha indisposión previa.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros Vilalba, Policía Local pic.twitter.com/bQarg2Pvp5