Un home de 75 anos falece ao caer a un regato co coche na Laracha
Un home de 75 anos falece ao caer a un regato co coche na Laracha
A Garda Civil investiga as causas do accidente e non descarta que o condutor sufrise unha indisposición
Unha persoa particular alertou os servizos de emerxencia que topara un coche sinistrado no lugar de Lexas. Segundo informa o 112, o vehículo caera a un regato cando circulaba pola estrada que une o polígono de Lendo e A Torre, no concello da Laracha.
Os efectivos de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento tiveron que intervir para sacar da auga o corpo sen vida do condutor, un home de 75 anos. O equipo médico desprazado ao lugar só puido confirmar o seu falecemento.
A Garda Civil de Tráfico investiga agora as causas do sinistro, ocorrido pasadas as doce do mediodía, e non descarta que o home sufrise unha indisposición mentres conducía.