Un home morre atropelado cando a súa muller aparcaba o coche en Sarreus
Un home morre atropelado cando a súa muller aparcaba o coche en Sarreus
O falecido estaba abrindo a cancela e unha manobra errónea provocou que accidentalmente o coche fora contra el
Un home de 82 anos morreu atropelado esta pasada noite pola súa propia muller no concello de Sarreaus, no que foi un accidente marcado pola fatalidade.
O matrimonio acostumaba deixar aparcado o coche nesta leira que teñen por riba da súa vivenda. Este martes, preto das dez e media da noite, ela conducía e el baixou para abrir a cancela. Unha manobra errónea mentres entraba, provocou que o coche fora contra el.
A muller, en shock, avisou un irmán que ten en Ameá, que axiña chegou e alertou os servizos de emerxencia, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.
Hai tres meses e medio aconteceu, tamén na comarca da Limia, en Trasmiras, un suceso moi semellante. Faleceu un home de 72 anos atropelado accidentalmente polo fillo cando estaba aparcando no patio da casa.