Un home morre nunha saída de vía no concello da Baña
Un home morre nunha saída de vía no concello da Baña
O accidente de tráfico produciuse na AC-444, á altura do punto quilométrico 4
O accidente de tráfico produciuse na AC-444, á altura do punto quilométrico 4, á altura da parroquia de San Cibrán da Barcala.
Foi unha persoa particular quen alertou do sinistro ao 112 Galicia, tamén ás 19:45 horas.
Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.
Desde o lugar dos feitos, os Bombeiros de Santa Comba confirmaron ao 112 Galicia que descartaran usar o material de liberación, xa que o varón atopábase accesible.
Pola súa banda, os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.