Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Baña quere recuperar seu castro como reclamo turístico e cultural

A Baña quere recuperar seu castro como reclamo turístico e cultural

Baixo as silvas tiñan un xacemento con máis de 2.000 anos de historia

Agardan o permiso de Patrimonio para empezar a escavalo

 

G24.gal 20/05/2022 14:49

A moitos veciños da Baña colleunos de sorpresa descubrir que nunha parcela pegada ao camposanto viviron seus antepasados castrexos. 

"Ten máis de 2000 anos, é da idade de ferro, é moi amplo, abarca case unha hectárea, e está parapetado para a sua defensa. No interior os castrexos facían a súa vida diaria, eran agricultores", explica a arqueóloga Verónica Silva.

A asociación de empresarios e o Concello decidiron rozar a maleza do xacemento. Agora agardan o permiso de Patrimonio para escavalo e coñecer a verdadeira importancia do poboado que se agocha baixo os seus pés.

"Queremos facer as catas para ter máis información da súa cronoloxía, ver o potencial que ten, facer visitas guiadas e implicar os colexios para que coñezan esta riqueza", di Rafael Bieito, presidente da Asociación A Baña Emprende.

"Queremos que a Baña medre, que veña xente, turismo e vexan as cousas bonitas que temos", di un veciño.

Polo momento mañá fan festa castrexa e todos estamos convidados. Haberá música, artesanía, comida e obradoiros cos que celebrar que A Baña busca futuro explorando no seu pasado máis remoto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade