Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio arrasa a planta superior da vivenda dun octoxenario en Chantada

Un incendio arrasa a planta superior da vivenda dun octoxenario en Chantada

A grande acumulación de obxectos acelerou a propagación das lapas

Félix Aragunde 03/05/2023 14:05 Última actualización 03/05/2023 14:29

Un voraz incendio calcinou a metade superior da casa dun veciño de Chantada, de 85 anos. O dono da vivenda, que ten a mobilidade reducida, saíu ileso grazas á axuda dos gardas que foron auxilialo.

Pola contra, o inmoble sufriu graves danos materiais, ata o punto de que o octoxenario tivo que pasar a noite no seu coche.

A grande acumulación de obxectos inflamables fixo que o lume se propagara con maior rapidez. Tocante ás causas do incendio nesta vivenda do lugar de Santo Estevo, crese que se puido tratar dun curtocircuíto.

"Na parte alta había moita acumulación de obxectos e xeradores con combustibles e electrodomésticos. Todo iso fixo que se propagara moi rápido o lume e axiña rompeu as uralitas, co cal colleu máis ventilación", explica Vicente Simón, sarxento dos bombeiros de Chantada.

Malia ofrecerse o Concello de Chantada a estudar o seu ingreso nunha residencia, o octoxenario desbota polo momento deixar a súa casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade