Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio arrasa o baixo dunha vivenda no concello de Ribeira

Un incendio arrasa o baixo dunha vivenda no concello de Ribeira

Cando se declarou o lume non había ninguén no interior do inmoble

G24.gal 21/09/2024 20:39

Un incendio calcinou na tarde deste sábado o baixo dunha vivenda no concello de Ribeira, sen que se produciran danos persoais. O lume comezou pouco despois das catro da tarde por causas que aínda se están a investigar.

A intervención do Grupo de Axuda e Emerxencias de Ribeira e dos Bombeiros de Boiro impediu que as lapas se estendesen polos outros andares da vivenda. Cando se declarou o incendio, non había ninguén no interior. Só se produciron danos materiais na planta baixa.

"Cando chegamos xa estaba a Policía local, a Policía Nacional e o GAEM de Ribeira traballando no lume. O que fixemos foi acabar de apagar o lume no baixo, só afectou o baixo, ventilar toda vivenda e asegurarnos, facendo unha segunda revisión, porque a primeira xa a fixeran eles, de que non se atopaba ninguén dentro en perigo", conta David Lago, cabo dos Bombeiros de Boiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade