Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio calcina o primeiro piso dunha vivenda en Antas de Ulla

Un incendio calcina o primeiro piso dunha vivenda en Antas de Ulla

Os ocupantes lograron saír ilesos

O primeiro piso da vivenda ardeu case por completo
G24.gal 15/12/2023 10:08

Un incendio calcina case por completo o primeiro piso dunha vivenda situada na localidade lucense de Antas de Ulla. No inmoble residía un matrimonio de idade avanzada, que saíu ileso e que tivo que ser acollido por uns parentes debido aos danos provocados polo lume.

A voz de alarma foi dada por un veciño sobre as 21:00 h da noite deste xoves, que informou os servizos de emerxencia de que unha casa situada na avenida de Lugo estaba ardendo. Ata alí trasladáronse os bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil.

Fernando Otero, coordinador do GES de Monterroso: "Puxéronse a extinguir na planta superior, onde se iniciara o lume nun armario pegado á cheminea. De alí propagárase a outro cuarto, onde as lapas xa saían pola ventá. Foi unha intervención complexa".

Logo dun traballo de varias horas, conseguiuse apagar o incendio, que xa calcinara gran parte do primeiro piso da vivenda. En relación aos danos materiais provocados polo lume, aínda non foron avaliados.

Todo apunta a que o lume puido comezar na cheminea e propagarse polo piso superior.

Por outra banda, na praza maior de Lugo rexistrouse esta mañá outro incendio, sen maiores consecuencias, tras prender un bidón de gasolina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade