Cargando resultados...
As lapas devoran a estrutura dun viveiro en Sabarís, no concello de Baiona
Provocou unha importante columna de fume, visible a varios quilómetros
G24.gal
10/09/2023 20:00
Última actualización 10/09/2023 21:09
Un incendio calcinou parte das instalacións da empresa Viveiros de Sabarís, en Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona. Está situada nunha zona de gran densidade poboacional.
O tellado, de estrutura plástica, ardeu con facilidade. A columna de fume era tal que a alerta ao 112 chegou de varias persoas. Dentro do viveiro había plantas, sementes e fertilizantes.
Ata o lugar trasladáronse os bombeiros do Porriño, o equipo do GES do Valmiñor, a Garda Civil e a Policía Local de Baiona. A preocupación estaba na proximidade doutras casas.