Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio calcina por completo un restaurante e as instalacións do club deportivo de Moaña

Un incendio calcina por completo un restaurante e as instalacións do club deportivo de Moaña

Dous turismos que estaban nas inmediacións víronse tamén afectados polas lapas, do mesmo xeito que algúns dos barcos atracados no embarcadoiro

G24.gal 06/10/2023 09:45 Última actualización 06/10/2023 14:42

Un voraz incendio na madrugada deste venres en Moaña calcinou por completo as instalacións do restaurante La Bathia e afectou tamén as oficinas do club deportivo. O incendio comezou minutos despois das dúas da mañá.

O incendio, do que de momento se descoñecen as causas, produciuse sobre as dúas da madrugada, segundo fontes do 112, servizo que a esa hora recibiu unha chamada da Policía Local de Moaña para que puxese en marcha un amplo dispositivo.

Nel participaron os Bombeiros do Porriño e os de Ribadumia, así como os equipos GES de Mos, aínda que non os do Morrazo, pois o parque estaba pechado por falta de efectivos, mentres que os de Vigo, que non se chegaron a desprazar, colaboraron co envío dunha motobomba.

O lume foi finalmente sufocado ás cinco da mañá. Non hai feridos, pero os danos materiais son moi importantes. Estragaron por completo a zona de servizos do club deportivo, vestiarios, oficinas e o propio restaurante. Dous turismos que estaban nas inmediacións víronse tamén afectados polas lapas, do mesmo xeito que algúns dos barcos atracados no embarcadoiro. Estase investigando a orixe do incendio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade