Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio calcina por completo unha casa na Pobra do Brollón

Un incendio calcina por completo unha casa na Pobra do Brollón

A Garda Civil investiga as causas deste suceso, rexistrado nun inmoble deshabitado

Félix Aragunde 14/03/2024 13:18

Unha vivenda da parroquia de Castrosante, no concello da Pobra do Brollón, quedou calcinada por completo nun incendio. A casa estaba deshabitada, polo que non houbo que lamentar danos persoais.

O retén da garda nocturna do parque de bombeiros de Monforte acudiu ata o lugar, no Alto de Santa Lucía, para sufocar as lapas. Xa de día, os efectivos da seguinte quenda desprazáronse para revisar o estado do inmoble logo do incendio.

A Garda Civil investiga agora as causas deste suceso. Pola súa parte, os veciños da contorna quedaron sorprendidos, posto que xa había dous anos que non vivía ninguén na casa.

Tocante aos danos materiais, son cuantiosos. A casa encontrábase á venda e estaba valorada en 50.000 euros. A súa propietaria, residente en Barcelona, xa a retirou do mercado inmobiliario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade