Un incendio calcina por completo unha vivenda deshabitada en Ourol
Un incendio calcina por completo unha vivenda deshabitada en Ourol
O lume iniciouse de madruga e o teito colapsou
Trátase dunha edificación emblemática na zona dado que albergara un salón de baile
Un incendio puxo en alerta de madrugada os veciños de Bravos, no concello de Ourol. A vivenda, que tiña as vigas de madeira, cedeu moi rapidamente e o teito derrubouse.
"Sentimos un ruído moi forte, como uns petardos"; "Decatáronse por unha forte explosión que foi o momento no que caeu o lousado", explican no lugar.
Trátase dunha casa moi emblemática. Leva case 30 anos deshabitada ten moita historia na zona. Agora, con pena, son moitos os que pasan por aquí e afloran os recordos.
"Foi un salón de baile pero tamén un comercio no que se vendía de todo, ferretería, telas, ultramarinos..."; "Eu son da casa do lado e estaba nesta casa coma se fora na miña, para min é moi triste", relatan os veciños.
Non se sabe que foi o que provocou o lume, pero na zona moitos apuntan a que nos últimos días había xente no interior da casa e mesmo chegou a acudir alí a Garda Civil.
Os equipos de emerxencias controlan agora a zona para evitar que as lapas revivan de novo.