Un incendio calcina un alboio con animais no concello de Gondomar

A Policía Local axudou a rescatar os animais que estaban no alpendre cando se iniciou o lume

G24.gal 03/12/2023 22:15 Última actualización 03/12/2023 22:29

Un espectacular incendio calcinou este domingo un alboio situado na parroquia de Chaín, no concello de Gondomar. Por sorte, os danos son só materiais pero a estrutura colapsou por completo.

Dúas horas tardaron os efectivos do GES do Val Miñor en extinguir as lapas. Nestes labores contaron coa axuda dunha motobomba de Medio Rural. Tamén se achegaron efectivos da Policía Local, que colaboraron en sacar algúns animais que había no alpendre cando se iniciou o lume. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade