Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio calcina un tractor nun garaxe en Arteixo

Un incendio calcina un tractor nun garaxe en Arteixo

A rápida intervención dos bombeiros evitou que as lapas se propagasen ás vivendas anexas e a un depósito de combustible 

Un curtocircuíto no vehículo agrícola puido ser a causa do lume

As paredes ennegrecidas polo fume son o único testemuño do incendio que calcinou un tractor no interior do garaxe
G24.gal 05/05/2023 13:28 Última actualización 05/05/2023 13:45

Un curtocircuíto nun tractor puido ser a causa do incendio que calcinou o vehículo agrícola e tamén o garaxe onde estaba gardado na parroquia de Loureda, en Arteixo. A rápida intervención dos bombeiros evitou que as lapas se propagasen ás vivendas anexas e a un depósito de combustible que había preto.

Os veciños que residen no primeiro andar da vivenda, xusto enriba do garaxe, foron os que alertaron de madrugada do lume. Escoitaron un barullo e pensaron que eran ladróns ata que viron fume saíndo da fiestra do alpendre e avisaron os bombeiros.

Cando chegaron, o tractor xa estaba practicamente calcinado e os esforzos centráronse en evitar a propagación das lapas a un depósito de combustible próximo e ás vivendas anexas.

Agárdase que nas próximas horas se acheguen os peritos para elaborar o informe correspondente, determinar as causas do incendio e avaliar os danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade