Cargando resultados...
Un incendio calcina unha churraría en Vigo sen deixar ningún ferido
Un incendio calcina unha churraría en Vigo sen deixar ningún ferido
Varias persoas alertaron do lume ás 14:30 horas do venres
Imaxe de arquivo
G24.gal
03/05/2024 20:01
Un incendio calcinou por completo este venres unha churraría en Vigo, sen provocar danos persoais, segundo informou o 112 Galicia.
Varias persoas alertaron do lume a Emerxencias cara ás 14:30 horas, entre elas un particular que vía saír fume negro dun edificio da rúa do Marqués de Valladares.
Os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vigo, Policía Nacional, Garda Civil de Pontevedra e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo.
A Policía Nacional informou de que o incendio calcinara por completo o local. Tamén se desprazou unha ambulancia, aínda que ninguén precisou asistencia sanitaria.