Un incendio destrúe unha vivenda en Amiudal, no concello de Avión
Un incendio destrúe unha vivenda en Amiudal, no concello de Avión
Os donos non estaban no interior no momento do lume, pero perdérono todo
É o terceiro incendio que se produce nunha vivenda en tres anos nesta aldea e todos en días sinalados
Pepe e a súa muller comezaron con mal pé o 2024, sen pegar ollo esta mañá miraban o que quedou da súa casa despois do incendio, en pé só a estrutura. Ao parecer as lapas comezaron despois dun curtocircuíto. E menos mal que non estaban na casa. Pepe levaba días enfermo e os veciños pensaron que estaba dentro.
Un incendio moi virulento que tentaron apagar os veciños mentres os bombeiros non chegaban. O matrimonio quedou co posto, perdeuno todo.
Por sorte teñen outra casa en Amiudal onde acubillarse, pero os veciños están centrados en que non lles falte nada.
O incendio só afectou a súa casa, as lindeiras non sufriron danos.
En Amiudal, no concello de Avión, contan xa tres vivendas destruídas por incendios en tres anos. Todos en datas sinaladas, en Noiteboa, en Reis e este último, no primeiro día de ano.