Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estabilizado o incendio de San Cristovo de Cea tras calcinar máis de 40 hectáreas

Estabilizado o incendio de San Cristovo de Cea tras calcinar máis de 40 hectáreas

O lume iniciouse na tarde do martes e a súa evolución mellorou durante as primeiras horas deste mércores

G24.gal 20/08/2024 20:05 Última actualización 21/08/2024 13:18

O incendio forestal en San Cristovo de Cea, que se orixinou ao redor das 16.24 horas do martes na parroquia de Oseira, está estabilizado desde as doce do mediodía deste mércores, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 40 hectáreas.

Para o seu control, mobilizáronse, ata o de agora, catro técnicos, 27 axentes, 39 brigadas, 28 motobombas, catro pas, oito avións e outros tantos helicópteros.

Entre as brigadas mobilizadas, participaron tamén nos labores de extinción dous equipos de bombeiros de Estonia, que se atopaban en Galicia no marco do mecanismo europeo de Protección Civil.

Este grupo de 20 bombeiros chegou a Galicia o pasado día 25 de xullo para realizar adestramentos e volverán a Estonia o próximo día 30.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade