Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio estraga o baixo dun edificio de Portonovo

Un incendio estraga o baixo dun edificio de Portonovo

G24.gal 05/11/2021 14:41

Unha intensa fumareda que saía dun dos baixos comerciais deste edicifio de Portonovo fixo saltar as alertas pouco despois desta medianoite. 

Os bombeiros lograron acceder ao local do que se saía o fume e atallar o incendio. Aseguráronse tamén de que non afectara outras zonas do edificio.

En principio, segundo fontes municipais, os danos limítanse á clínica de podoloxía, que precisará dunha rehabilitación considerable porque se estragou o mobiliario e tamén partes do chan e do teito. 

Non houbo apenas veciños afectados, porque a maioría dos apartamentos do bloque son vivendas de uso turístico que non están case nunca ocupadas nesta época do ano.

Polo momento está aínda aberta a investigación sobre as causas do incendio, pero suponse que se orixinou por un curtocircuíto nas conducións eléctricas da clínica de podoloxía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade