Un incendio forestal en Monteferro obriga a desaloxar o Festival Vive Nigrán
Un incendio forestal en Monteferro obriga a desaloxar o Festival Vive Nigrán
Os 1.500 asistentes que gozaban da música de Visions of Johanna, Arizona Baby e Hey Hematoma foron evacuados por precaución para evitar danos
As lapas comezaron nun vehículo que circulaba por unha pista de terra
Un incendio obrigou a desaloxar os asistentes ao Festival Vive Nigrán O lume iniciouse nun coche que circulaba por unha pista de terra con varios ocupantes no seu interior.
Lograron saír a tempo, pero as lapas axiña se estenderon á masa forestal. Só uns metros máis arriba celebrábase o festival. Unhas 1.500 persoas asistiran para gozar dos concertos de Visions of Johanna, Arizona Baby e Hey Hematoma.
Todos foron evacuados por precaución. A rápida actuación dos servizos de emerxencias evitou que o lume afectara o recinto do festival. Só 1200 metros de monte quedaron calcinados.