Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio na Gudiña obriga a cortar a N-525 no quilómetro 138

Un incendio na Gudiña obriga a cortar a N-525 no quilómetro 138

O tráfico estase desviando pola A-52

Imaxes de @BrifLaza
G24.gal 23/08/2024 19:13 Última actualización 23/08/2024 22:41

O incendio que dende as 17:34 horas deste venres afecta á Gudiña (Ourense),  obrigou a cortar a N-525 no quilómetro 138. Os vehículos estanse desviando pola A-52.

O lume iniciouse na parroquia de Pentes e ata o momento calcinou 40 hectáreas.

Para o seu control mobilizáronse, 6 técnicos, 5 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 8 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade