Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio no centro das Pontes afecta a dous inmobles e obriga a desaloxar un bar

Un incendio no centro das Pontes afecta a dous inmobles e obriga a desaloxar un bar

Preocupa que o estado de ruína do interior do edificio acabe por facer que caia

G24.gal 09/11/2021 19:50

Un incendio acontecido este martes nun edificio deshabitado de tres alturas nas Pontes afectou a outro inmoble e obrigou a desaloxar un bar, segundo fontes municipais. 

O suceso ocorreu ao redor das 14:00 horas na avenida da Coruña e saldouse sen feridos. A Policía Local alertou ao 112 Galicia tras comunicar un particular o inicio das lapas nunha planta baixo cuberta non habitada.

Os edificios estaban en moi mal estado e a madeira vella da estrutura facilitou a propagación do lume. Os veciños dos inmobles contiguos foron desaloxados por prevención e, malia o intenso fume, ningún precisou atención sanitaria. Agora, a preocupación é que o estado de ruína do interior do edificio, do que só sobrevive a fachada, acabe por facer que caia.

Os danos materiais son cuantiosos. Derrubáronse as cubertas dos dous inmobles. Na extinción das lapas participaron os bombeiros do Eume, Ferrol e Narón. Tardaron varias horas en sufocalo. Agora tratarán de esclarecer as causas do lume, que se orixinou nun antigo pub.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos