Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio nun alpendre en Taboada provoca cuantiosos danos

Un incendio nun alpendre en Taboada provoca cuantiosos danos

Arderon un tractor, motoserras, os produtos da matanza e varios remolques de leña

 

O lume declarouse cando aínda era de noite
Félix Aragunde 23/12/2021 13:43

Un incendio arrasou un alpendre en Cerdeda, en Taboada. Dentro había un tractor, motoserras, unha sulfatadora, un tanque de gasóleo, varios remolques de leña e os produtos da matanza de ata tres cochos. En conxunto, estímase que as perdas ascenden a decenas de miles de euros. 

Sheila Gómez, filla do dono do alpendre: "Ardeu a máquina do silo, porque antes tiñamos vacas. E ardeu a máquina das patacas, o carro do coche, a cuba do viño, a máquina de sulfatar, motoserras, o tractor, todas as bicicletas, non sei cantos remolques de leña..."

Tras daren aviso os veciños, ao lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil e do GES de Monterroso, xunto con varias dotacións dos bombeiros de Chantada. Ademais de sufocaren as lapas, conseguiron que o lume non se propagase a outros edificios. 

Santiago Agulló, cabo dos bombeiros de Chantada: "Cando chegamos aquí, había unha carga térmica moi alta. No primeiro en que nos centramos foi en defender as instalacións que estaban máis ou menos ben, sobre todo centrándonos na que había moito combustible". 

Ao parecer, o lume orixinouse onde se almacenara a leña. Posto que a corrente estaba desconectada, os donos do alpendre non lle encontran explicación ao acontecido. Debido ao incendio, media ducia de vivendas quedaron sen luz. 

Varias dotacións dos bombeiros de Chantada traballaron na extinción das lapas Varias dotacións dos bombeiros de Chantada traballaron na extinción das lapas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade