Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio provoca danos importantes nunha vivenda de Duarría, en Castro de Rei

Un incendio provoca danos importantes nunha vivenda de Duarría, en Castro de Rei

Os veciños e os bombeiros evitaron que as lapas arrasasen o inmoble por completo

Félix Aragunde 05/10/2023 12:38

Aínda era de noite cando comezou a arder unha casa do barrio de Salgueiros, na parroquia castrexa de Duarría. Por fortuna, unha veciña avisou a tempo o residente na vivenda, que é fillo do dono e que saíu ileso.

Alberto Gallego, residente na vivenda: "Espertei ás seis da mañá. Sentín berrar no camiño a veciña, que viña de traballar e que petou á porta. Mirei e vin que estaba ardendo o cuarto ese".

Malia a colaboración veciñal e a rápida intervención dos bombeiros de Vilalba, o suceso causou importantes danos materiais. As lapas calcinaron boa parte da cuberta, diversos mobles e mais os principais electrodomésticos da casa, valorados en miles de euros.

Alberto Gallego, residente na vivenda: "Ardeu o cuarto da beira, con todo o que había dentro, unha lavadora, dúas neveiras e dous conxeladores. Tamén arderon un moble de cociña e un sofá".

Tocante ás causas do incendio, todo apunta a que se puido orixinar por un curtocircuíto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade