Cargando resultados...
Un incendio provoca danos materiais nunha vivenda de Esgos
Un incendio provoca danos materiais nunha vivenda de Esgos
O lume comezou nunha cheminea e o inquilino da casa non foi quen de apagalo el só
G24.gal
28/03/2022 14:18
Un incendio provocou danos materiais nunha vivenda da aldea de Vilar de Ordelles, no concello de Esgos. O lume comezou contra o mediodía nunha cheminea da planta baixa e propagouse polo conduto ata o tellado afectando a un salón do primeiro andar.
O inquilino da vivenda, que residía nela hai só dous meses, non foi quen de apagar o incendio por si mesmo, precisou a axuda dos veciños e os servizos de emerxencia.
Reside temporalmente nun hotel a espera de poder arranxar os estragos provocados polo lume. No sinistro non quedou ninguén ferido.