A variante ómicron é menos grave que a delta pero máis contaxiosa, segundo a OMS
A variante ómicron é menos grave que a delta pero máis contaxiosa, segundo a OMS
A OMS pide xa aos gobernos que actúen con novas medidas e que non agarden a que volvan encherse os hospitais
O informe semanal da OMS está centrado no variante ómicron. Con 212 casos na Unión Europoea, prevese dominante en poucos meses.
E ten dobre cara: a maioría dos casos son leves e incluso asintomáticos, pero é máis contaxiosa, polo que podería aumentar moi rápido o número de hospitalizacións.
E tamén preocupa a súa capacidade de volver infectar persoas que xa pasaron a enfermidade e, polo tanto, teñen anticorpos naturais pero non parecen suficientes para a ómicron.
Comprobouse en Suráfrica, cunha rápida expansión nunha poboación onde moitos xa pasaran a enfermidade.
Por iso a OMS pide xa aos gobernos que actúen con novas medidas e que non agarden a que volvan encherse os hospitais. Tamén insistiu en que debe acelerarse a vacinación nas poboacións con máis risco.
A OMS aínda non ten unha conclusión firme sobre a resposta das vacinas fronte a ómicron, pero ven pouco probable que perdan toda a eficacia.
E nesa liña vai o último anuncio de Pfizer. Os seus estudos preliminares din que a protección fronte a ómicron baixa bastante con dúas doses da súa vacina, pero que tres si serían suficientes para neutralizar a nova variante.