Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un mal segundo cuarto condena o Breogán diante do Joventut (65-85)

Un mal segundo cuarto condena o Breogán diante do Joventut (65-85)

Os de Mrsic non puideron darlle continuidade á vitoria no derbi

A ‘Penya’ fuxiu no segundo parcial cun 10-27 definitivo

Foto: EFE
G24.gal 01/04/2023 20:22

O Breogán caeu ante o Joventut de Badalona no Pazo por 65-85, co que perde o paso na loita por achegarse aos postos de play off.

Os de Mrsic só estiveron con opcións no primeiro cuarto, cando lograron intercambiar canastras cos de Carlos Durán. No segundo acto, os cataláns metéronlle unha marcha máis ao partido, sobre todo en defensa, Tamén melloraron as súas porcentaxes nos lanzamentos desde o perímetro. O 10-27 neste parcial foi o que marcou a diferenza final, xa que, na segunda metade, os cataláns limitáronse a manter o intercambio cos locais ata o 65-85 final. Resultado que deixa ao Breogán estancado nas 12 vitorias.

Hollatz foi o máximo anotador do Breogán con 14 puntos, mentres que Happ meteu 9 pero acabou con 18 de valoración. No equipo visitante, Guy anotou 17 puntos, e Tomic 16.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar